A Casa de 1907

Blog en torno ó docu-reality de TVG "A Casa de 1907"

Nombre:

3.10.07

Hoxe empezamos!

Esta noite ás 21:30 comeza en TVG "A Casa de 1907" cun primeiro episodio no que coñeceremos ás dúas familias protagonistas (os Faria, de Moaña, e os De Dios, de Xunqueira) e veremos cómo lles vai no seu primeiro día nas casas.

A primeira novidade á que se van enfrontar este ano os concursantes será ó reparto das casas. Cada familia terá que decidir cal das dúas vivendas é a que máis lle convén e negocialo cos veciños.

Xa vos podemos adiantar que a negociación será MOI interesante.

Pero instalarse na casa é só o comezo, porque de inmediato as familias terán que facerse cargo do coidado dos animais... e este ano vanse atopar con varias sorpresas nas cortes.

10 comentarios:

Blogger Lowrens ha dicho...

Estou vendo o programa grabado (xa q por estudios non podo velo á sua hora) e hasta ahora q nostalgia me da ver aquel sitio, ver a "nosa" casa. Q de recordos.

"ai vai ai vai ai vai maria antonia abaixo" (ou algo asi) non me estraña q escapen os animais con esa música q lle poñen.

A ver ahora si non lles pasa como no Cortijo de 1907 e non perden os animales. O malo é ver a Masia en catalán. Sin duda ningunha os mellor preparados os gallegos.

04 octubre, 2007 00:24  
Anonymous Anónimo ha dicho...

Vaia por diante que non pertenzo ao grupo de lingüística da TVG, pero "cuadra" non existe na RAG; na miña aldea sempre dixemos corte. Ben é certo que en castellano é correcto cuadra.
Un pouquichiño de rigor non viña mal.

04 octubre, 2007 14:53  
Anonymous Anónimo ha dicho...

Vaia por diante que non pertenzo ao grupo de lingüísticas da TVG, pero "cuadra" si existe en galego, tal e como se pode consultar no VOLGA (que está on-line na web da RAG, para quen queira); na miña aldea sempre dixemos "corte" ou "cuadra", segundo cadrase.
Un pouquichiño de rigor, antes de criticar, tampouco viña mal.

05 octubre, 2007 10:10  
Anonymous Anónimo ha dicho...

Son Ourensan e a verdade non estou nada conforme coa actuacion da familia de DIOS. van de falsos e prepotentes. penso que terian que ser un pouco mais humildes e non abusar da confianza que lle da a outra familia.chapó pa o pequeno da familia Faria.
saudos dun ourensan avergonzado dos seus veciños da xunqueira.

05 octubre, 2007 23:33  
Anonymous Anónimo ha dicho...

Jajajaja Wells; isto empeza a quentarse e só vai unha semana de programa...sóache???
A ver o que nos depara a Casa de 1907, ten moito que facer para supera-lo visto en 1906. Saúdos

07 octubre, 2007 21:35  
Anonymous Anónimo ha dicho...

Para o Anónimo, para min a familia de Dios, estase a comportar moi ben, por esa regra de tres os do ano pasado que¿? primeiro, antes de darlle á lingua a pacer hai que ver o programa enteiro, despois será a hora para poder xuzgar tanto a unha familia como a outra, gracias.

08 octubre, 2007 10:50  
Anonymous Anónimo ha dicho...

Pois que queredes que vos diga que cada dia o pai da familia de Dios carme mais mal.O que non me pareceu nada ben foi que lle disera o pequeno da familia faria "regaloche as cabritas" pero bueno de q vai....se as cabritas son del....porfavor vergonza lle tiña que dar.E un avaricioso.Non o trago nin un pouco.Avergonzome do que poidad pensar dos ourensans

08 octubre, 2007 20:57  
Anonymous Anónimo ha dicho...

a familia de dios fai xogo sucio,kedanse cos animais dos veciños facendo trampas!eso non é xusto...pobre cabritiño!!

09 octubre, 2007 19:55  
Anonymous Anónimo ha dicho...

ánimo familias!!!!e que gañe a mellor

10 octubre, 2007 16:30  
Blogger Cesare ha dicho...

Viva a lei de Berto

11 octubre, 2007 10:05  

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio